Información
Vostede está aquí:   Inicio  /  O museo

O museo

O surf ou a fusión do home co mar.

Inaugurado a finais de 2017, o OSM é o primeiro Museo dedicado ao surfing en España, un espazo concibido como unha inmersión no mundo das ondas, un achegamento á historia e a cultura surf desde as súas orixes na Polinesia (s. XIII) ata a súa entrada en Europa e o seu desenvolvemento en Galicia a partir dos anos 70. O surf configúrase como un dos máximos expoñentes da fusión do home co mar, unha práctica a través da que se pode percibir o océano cos cinco sentidos. A viaxe preséntase a través de fotografías, vídeos, accesorios, cámaras fotográficas que inmortalizaron momentos únicos do surf na costa galega e unha colección de táboas de surf históricas e, en moitos casos, únicas. A última parada do Museo é na sala dedicada ao campionato internacional de surf Pantín Classic e a experiencia de realidade virtual sobre unha onda en 360º.

O Océano Surf Museo foi promovido polo Concello de Valdoviño coa participación de diferentes escolas de surf locais Alawa Surfcamp, Pantín Surfcamp, Valdo surf school y Santiago de Pantín surf school. Conta, ademais, coa colaboración do Océano surf club, clube de surf decano en Galicia.

Horario de visitas

Mércores e xoves: 10:00 – 14:00
Venres e sábado: 12:00 – 14:00 / 17:00 – 19:00
Domingo: 10:00 – 14:00
Festivos: 11:00 – 14:00 (consultar aperturas)

Peche anual:
1 e 6 de xaneiro
1 de maio
24, 25 e 31 de decembro
Todos os luns e martes

Acceso ao Museo

Entrada de balde.

Formulario de reserva de visita

Subcribirse a o noso boletín de novas

* indicates required