Información
Vostede está aquí:   Home  /  Historia  /  O triángulo Vigo, A Coruña, Ferrol

O triángulo Vigo, A Coruña, Ferrol

En 1972 prodúcese o primeiro contacto entre os surfeiros do Norte e o Sur de Galicia. Nese ano Nacho Montenegro inicia os seus estudos de Arquitectura Técnica na Coruña, e ás poucas semanas de estar na cidade entra en contacto co grupo de Carlos Bremón, Rufino e Tito. O encontro oficial entre os dous núcleos de surfeiros prodúcese aos poucos meses nun campionato que se celebrou na praia do Orzán, e ao que desde Vigo se desprazaron Nacho e Victor Montenegro, Nicolás Pita e Ángeles Vega, que participaría na proba feminina contra outras tres mozas.

Campionato no Orzán en 1972

No ano 1979 Vicente Irisarri traslada por razóns profesionais a súa residencia á Coruña e dous anos máis tarde a Ferrol, converténdose no nexo de unión entre o surf da Galicia Norte e a Galicia Sur. A súa chegada a Ferrol, coincide ademais coa de Carlos Bremón, co que o pequeno grupo ferrolán consolídase e expande.

A mediados do setenta Fernando Adarraga proba o surf na praia de Santa Cristina. Pronto se convertería no referente en Galicia en canto a surf de competición, e xunto con Balbino Irisarri e os irmáns Torreiro, elevaría o nivel do surf en Galicia.

  1972  /  Historia  /  Última actualización: Novembro 3, 2017 por Océano Surf Museo  / 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site is registered on wpml.org as a development site.