A fin de década do 60 veu marcada por diversos movementos sociais impulsados por unha mocidade que se preguntaba sobre a validez de todo o establecido. No surf, e tras a chamada “revolución da táboa curta”, os cambios tamén foron moi grandes. Os shapers aplicaron ao deseño de táboas a mentalidade aberta da época, sen medo a probar calquera idea nova, nunha etapa de experimentación sen precedentes. O camiño cara ás táboas de menor lonxitude parecía non ter límite. O estilo clásico de remar sobre os xeonllos desapareceu da noite para a mañá. Dise que foi nesta época cando o surf deixou de facerse sobre a táboa e pasou a facerse sobre a onda.
A maior lixeireza eliminou tamén boa parte das barreiras que até entón existían para os surfeiros máis novos e as mulleres. As pesadas táboas de madeira dos anos 20, 30 e 40, que esixían unha gran fortaleza física, desapareceron.
Portada:
1965 – Tanya en Fairy Bower (Australia)