Até principios dos anos 60, e a pesar dos avances que houbera en canto a formas, a realidade é que as táboas que se fabricaban non deixaban de ser máis que rudas evolucións dos deseños dos anos 50. A partir de 1965, as formas comezaron a refinarse. É nese ano, en plena febre do nose-riding, que comezaron a reducirse os grosores e a adelgazar os cantos. A chegada da táboa curta produciuse no momento no que as táboas de máis de 9 pés empezaban a ser máis maniobrables.
George Greenough, Bob McTavish e Nat Young foron o trio que revolucionou o surf neses anos: grazas ao seu enxeño non só reduciuse o tamaño das táboas, até pouco máis de dous metros. Creáronse novas formas, como a carena en forma de V (concepto V-bottom) deseñada por McTavish, e que naquel momento supuxo o deseño máis influente desde que Tom Blake colocara unha quilla nunha táboa de surf; os deseños de quillas de Greenough, baseados nas formas das aletas dos peixes, leváronse ao límite; todo iso deu lugar a un tipo de táboa cun comportamento absolutamente novo. A “V-bottom”, levada ao cinema por Eric Blum en “The Fantastic Plastic Machine”, foi máis que un cambio de deseño, foi un cambio de mentalidade para o surf.
Tipos de táboas e a súa evolución no tempo
1000 Alaia 6 -9 ft
1000 Olo 12-16 ft
1926 “Cigar” Paddleboard / Tom Blake 16 ft
1930 Waikiki Redwood / Pacific System Homes 11 ft
1935 Stabilizing fin / Tom Blake 12 ft
1937 Hot Curl / John Kelly – Wally Froiseth – Fran Heath 11 ft
1945 The Spoon / Bob Simmons 10 ft
1948 Malibu Chip / Joe Quigg – Matt Kivlin 11 ft
1950 Rocket / George Downing 10 ft
1955 The “Pig” / Velzy – Jacobs 10 ft
1958 Polyurethane Board / Hobie Alter – Gordon Clark 9 -10 ft
1965 Asymmetric / Carl Ekstrom 9 ft
1966 “Da Cat” / Greg Noll 9 ft
1966 Magic Sam / N. Young, B. McTavish, G Greenough 9’6 ft
1967 Deep V / Bob McTavish 7 – 8 ft
1967 Fish / Steve Lis 7 ft
1968 Gun / Dick Brewer 7 – 8 ft
1968 Velo / George Greenough 5 ft
1970 Pocket Rocket / Dick Brewer 8 ft
1970 Twin-fin / Mike Eaton 6 ft
1972 Bonzer / Campbell Brothers 6 – 7 ft
1974 Stinger / Ben Aipa 6 – 7 ft
1976 Twin-fin / Mark Richards – Dick Brewer 5 – 6 ft
1981 Thruster / Simon Anderson 6 ft
1996 Tow-in / Laird Hamilton – Gerry Lopez 7 ft