Información
Vostede está aquí:   Home  /  Novas  /  O Océano Surf Museo de Valdoviño recibe as primeiras táboas donadas por mecenas

O Océano Surf Museo de Valdoviño recibe as primeiras táboas donadas por mecenas

Vicente Irisarri, Marcos Pita, Rufino Tizón e Estitxu Estremo son os primeiros mecenas do Océano Surf Museo de Valdoviño. Estes referentes do surf en Galicia entregaron ao Concello algunhas das súas táboas máis emblemáticas para que formen parte dos fondos do Museo.

Ademais, este primeiro paso tamén busca animar aos amantes do surf a realizar as súas propias doazóns a unhas instalacións únicas en España. O alcalde de Valdoviño, Alberto González, convida a todas as persoas interesadas a «seguir o exemplo e ceder material de calquer tipo».

E é que a idea é que o Museo sexa un espazo vivo, que incorpore fondos de maneira permanente para manter o interese e o atractivo dos amantes do surf e daquelas persoas que queiran coñecer a historia deste deporte en Galicia.

As persoas interesadas en contribuír na construción colectiva do Museo poden poñerse en contacto co teléfono 616 89 25 72 ou o correo electrónico: web@concellodevaldovino.com. Cabe lembrar que as instalacións xa contan con valiosas achegas do Océano Surf Club e o Club Praia de Pantín, entre outras.

Vicente Irisarri é un dos pioneiros do surf en Galicia e cofundador do Pantín Classic; Marcos Pita é un dos responsables do Pantin Surf Camp; Estitxu Estremo é responsable de Alawa Surf Camp e campioa europea de surf e Rufino Tizón é o fundador de Rufo´s Surfboards, o primeiro taller de táboas de Galicia.

Fonte: Ferrol 360
  2017  /  Novas  /  Última actualización: Novembro 3, 2017 por Océano Surf Museo  / 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site is registered on wpml.org as a development site.