Información
Vostede está aquí:   Home  /  Historia  /  Hawaii na posguerra: as grandes ondas

Hawaii na posguerra: as grandes ondas

Tras a II Guerra Mundial, e coa popularización dos voos comerciais en avións a reacción, reiníciase o tráfico de surfeiros entre as illas e o continente. Pero as cousas en Hawaii cambiaran. Desde os anos 40, as ondas de inverno, creadas por profundas baixas presións, convertéronse no obxectivo dos surfeiros que collían ondas coas súas táboas “hot curl”.

Mahaka, no lado este da illa de Oahu, foi o epicentro desta corrente, que levou ao surf en ondas grandes a converterse nunha subcultura dentro do propio surf. Hawaianos e californianos foron superando os seus límites, chegándose a coller ondas de máis de seis metros. George Downing foi un dos principais impulsores desta revolución. Foi o primeiro en fixarse en aspectos como a configuración do arrecife, as previsións meteorolóxicas e a dirección da ondada para entender mellor os seus efectos no tamaño das ondas. En 1950 Downing fabricou un novo tipo de táboa para ondas grandes: a “Rocket”. Coa súa nova táboa, Downing foi capaz de coller as ondas máis grandes que até entón se tiñan surfeado. El e Froiseth, xunto con Woody Brown e os surfeiros californianos Walter Hoffman e Buzzy Trent, foron os primeiros en superar a barreira dos 20 pés en Makaha.

George Downing, Buzzy Trent (dereita). Foto: Walter Hoffman

Tras Makaha, Waimea Bay converteuse no epicentro do surf de ondas grandes. A tráxica morte de Mickie Cross en 1943, no primeiro intento de surfearla, mantivo durante anos aos surfeiros afastados da onda, ata que en 1957 Gregg Noll, Pat Curren, Harry Schurch, Del Cannon, Mike Stange, Bob Bermell e Mickey Muñoz foron os primeiros en surfearla.

Poster da mítica “The Endless Summer”

A mediados de decembro de 1961 Phil Edwards surfeou por primeira vez en Banzai Pipeline, na praia que até entón era coñecida como Banzai Beach. O shaper Mike Diffenderfer foi quen lle suxeriu a Brown chamar á onda Break Pipeline, despois de comparar as ondas xigantescas de Banzai coas tubaxes de formigón que se usaban nunha obra próxima. No seguinte inverno, Butch Van Artsdalen e John Peck fixaron o estilo co que surfear Pipe. De feito Van Artsdalen foi o primeiro en gañarse o título de “Mr. Pipeline”, que anos máis tarde se asociaría con Gerry López. A partir de 1963 a onda de Pipeline sería un fixo nas películas de surf, tendo un papel estelar en filmes como “Ride the Wild Surf” e de “The Endless Summer”.

  1940  /  Historia  /  Última actualización: Novembro 3, 2017 por Océano Surf Museo  / 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site is registered on wpml.org as a development site.