Información
Vostede está aquí:   Home  /  Historia  /  De novo Hawaii: o renacemento do deporte

De novo Hawaii: o renacemento do deporte

A principios dos 70 o surf atopábase nunha especie de encrucillada. Por unha banda tentaba retomar o pulso do deporte. Por outra pasar páxina a unha etapa, desde finais dos 60, na que as drogas se converteron no triste protagonista durante os anos da psicodelia e a contracultura.

Con todo, o corazón do surf, Hawaii, sobreviviu a esta crise e pronto recuperou o protagonismo. Como cada inverno, a North Shore, o tramo de costa da illa de Oahu entre Laniakea e Sunset Beach, converteuse no epicentro da competición, da experimentación e do deporte.

Até 1975 a tempada de inverno estivera dominada por surfeiros hawaianos como Jeff Hakman, Larry Bertlemann, “Owl” Chapman, Rory Russell, Gerry López, Barry Kanaiaupuni, Eddie Aikau ou Reno Abellira. Entre estes destacaba a figura de Gerry López, que se converteu no gran dominador da onda de Pipeline, o que lle levou a gañarse o sobrenome de Mr. Pipeline.

Até a aparición de López, Pipeline fora surfeado, pero nunca dominado. Durante o inverno épico de 1969-70, López fixou o estándar de como facer un tubo na onda máis perigosa do mundo. De súpeto o tubo converteuse na manobra sobre á cal xiraba o surf, e Pipeline na súa meca. En 1971 Gerry López e Jack Shipley crearon Lightning Bolt Surfboards, que pronto se converteron nas táboas que os surfeiros chegados de todo o mundo utilizaban en Hawaii, transformándose o seu logo, un raio, no símbolo máis estendido e recoñecido relacionado coa práctica do surf durante os setenta.

O quiver de Shaun Tomson en 1976

Pero no inverno de 1975-1976, os surafricanos Shaun e Mike Tomson, e un grupo de australianos liderados polo Wayne Rabbit Bartholomew, Terry Fitzgerald, Mark Richards e Michael Peterson, revolucionaron a maneira de afrontar as paredes de Pipeline de “costas” á onda. O seu estilo, cheo de agresividade e decisión, pronto foi chamado pola revista Surfer como o “backside attack”. Esta maneira de atacar as ondas levo a Shaun Tomson a gañar o Pipeline Masters dese ano.

Backside Attack from ENCYCLOPEDIA of SURFING on Vimeo.

More on Pipeline
http://encyclopediaofsurfing.com/entries/pipeline

More on the backside attack
http://encyclopediaofsurfing.com/entries/backside-attack-pipeline

Encyclopedia of Surfing

Home

Portada:
Gerry Lopez en Pipeline no ano 1977

  1975  /  Historia  /  Última actualización: Novembro 3, 2017 por Océano Surf Museo  / 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site is registered on wpml.org as a development site.