Información
Vostede está aquí:   Home  /  Historia  /  Australia: 40 años despois de Duke en Freshwater
  • Greg Noll (dereita) e Mike Bright, Australia, 1956

Australia: 40 años despois de Duke en Freshwater

A semente plantada por Duke Kahanamoku en 1914 pronto xerminou no continente austral. Porén o surf australiano apenas se desenvolveu nos anos seguintes, a pesar de que dispuña dunha extensa estrutura controlada principalmente pola Surf Life Saving Association of Australia (SLSA), que organizaba as súas propias competicións e que reunía a máis de 10.000 socios.

En 1956, coincidindo cos xogos olímpicos de Melbourne, unha delegación de surfeiros californianos, liderados por Tom Zahn, Bob Burnside, Greg Noll e Mike Bright, chegou a Australia enviada polo goberno dos EEUU. Na súa viaxe realizaron unha serie de demostracións por toda a costa Este coas súas táboas “Malibu Chip”, shapeadas por Joe Quigg, que revolucionaron o surf australiano. Tras as exhibicións todos querían táboas como as californianas, moito máis modernas que as até entón utilizadas en Australia.

Portada:
Greg Noll (dereita) e Mike Bright surfeando en Australia, 1956

  1956  /  Historia  /  Última actualización: Novembro 3, 2017 por Océano Surf Museo  / 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site is registered on wpml.org as a development site.