Información
Vostede está aquí:   Home  /  Pantín Classic  /  9 Pantín Classic

9 Pantín Classic

O ano do guindastre de Red Bull. Por segundo ano na súa historia o campionato celébrase no mes de Agosto. Jeff Hackman, Mr. Sunset, visitou o campionato. Esta edición caracterizouse pola escaseza de ondas. De feito o campionato houbo de prolongarse un día sobre o previsto. Un mozo Taj Burrow impresionou ao publico na expresion session, na que levou o premio ao mellor aéreo. Russell Winter impúxose na proba europea e Eneko Acero na mundial, que tiña este ano unha categoría de 3 estrelas, repetindo o título logrado en 1994. Créase a páxina web do campionato: www.pantinclassic.com. Competiron tamén nesta edición Michael Campbell (subcampión mundial no ano 1994, só superado por Kelly Slater pola menor diferenza de puntos da historia do circuíto mundial), Ozzie Wright, Mazz Quinn, Micky Picon ou Carwyn Williams.

  1996  /  Pantín Classic  /  Última actualización: Novembro 8, 2017 por Océano Surf Museo  / 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site is registered on wpml.org as a development site.