Volta ao outono. O campionato celébrase entre os días 22 e 25 de Setembro. De novo dúas probas en paralelo: campionato mundial valedoiro para o circuíto WQS (1 estrela) e o campionato europeo. Fred Robin, de Illas Reunión, vence na proba europea, e Eneko Acero no campionato WQS, na primeira final “men to men” que se celebra en Pantín fronte ao francés Boris Le Texier. Eneko é o primeiro surfeiro español que vence nunha proba do circuíto mundial. Tras a cancelación nese ano do Pukas Pro, o Pantín Classic convértese na única proba do circuíto WQS que se celebra en España. A axencia británica de noticias WNT grava cos seus cámaras a proba, distribuíndo as imaxes a máis de 300 canles de televisión en todo o mundo. O surafricano-ferrolán Paul Canning, Balis-Balis, participa por primeira vez en Pantín.
7 Pantín Classic
■ 1994 / Pantín Classic / Última actualización: Novembro 8, 2017 por Océano Surf Museo /