Información
Vostede está aquí:   Home  /  Pantín Classic  /  29 Pantín Classic

29 Pantín Classic

O californiano de orixe xaponesa Kanoa Igarashi e a tamén californiana Sage Erickson foron os vencedores da 29 edición do Pantín Classic, con seis estrelas en ambas as categorías, masculina e feminina. A proba volvía así ao seu máximo nivel, participando nela todos os surfeiros top do circuíto WQS, e varios do CT como o propio Igarashi ou Jeremy Flores. Erickson lograba con esta a súa segunda vitoria no campionato tras a lograda en 2012. Na final enfrontouse contra a francesa Pauline Ado, á que vencía no último minuto cunha onda puntuada cun 8,93. “Foi unha final incrible con moitas series entrando. Intentaba estar atenta e con esperanza de que chegase a onda adecuada. Non podo crer que collese esa última onda até a beira”. Na proba masculina moitos dos favoritos caeron antes das semifinais, ás que accedían Kanoa Igarashi e os brasileiros Thomas Hermes, Michael Rodrigues e Ian Gouveia. Á final chegaría Igarashi e Rodrigues, facéndose o californiano coa vitoria.

  2016  /  Pantín Classic  /  Última actualización: Novembro 8, 2017 por Océano Surf Museo  / 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site is registered on wpml.org as a development site.