Mantense a categoría de tres estrelas na proba masculina e seis estrelas na feminina. As novas xeracións irrompen no campionato coa vitoria do italiano Leonardo Fioravanti de só 16 anos. En segundo posto clasificaríase o uruguaio Marco Giorgi. En cuartos de final o italiano fíxose co único dez outorgado durante esta edición. En semifinais caerían o arxentino Santiago Muñiz e o tamén novísimo Kanoa Igarashi, que gañaría o campionato 2 anos máis tarde. Na proba feminina, a brasileira Silvana Lima facíase co primeiro posto, unha vitoria que lle permitía clasificarse para o WCT feminino da tempada 2015. Segunda quedaría a australiana Bronte Macauly.
■ 2014 / Pantín Classic / Última actualización: Novembro 8, 2017 por Océano Surf Museo /