Dentro dos actos conmemorativos do vixésimo aniversario organízase no Centro Cultural Torrente Ballester a exposición “Pantín Classic: colección de retratos”, na que se recollen fotografías efectuadas polo fotógrafo ferrolán Eloy Taboada-Estudo 108. Celébrase tamén no Torrente Ballester a quinta edición do Festival de cinema de surf coa estrea en España da película “Bra Boys”, dirixida por Sunny Abberton. Actúan dentro do festival o grupo de música surf instrumental The Kanaloas. De novo a escaseza de ondas protagoniza esta edición. Os vencedores serán o alemán Marlon Lipke, que se impuxo na final ao australiano Darren O’Rafferty e a Eneko Acero e Aritz Aramburu, e a francesa Justine Dupont.
■ 2007 / Pantín Classic / Última actualización: Novembro 8, 2017 por Océano Surf Museo /