Información
Vostede está aquí:   Home  /  Pantín Classic  /  14 Pantín Classic

14 Pantín Classic

O campionato vén marcado polo atentado en Nova York ás torres xemelgas, tres días antes do inicio da proba. De feito Pantín será a última competición que se celebre do circuíto mundial ese ano. Mantense a categoría de dúas estrelas na competición masculina e o campionato feminino pasa a formar parte do circuíto europeo. O hawaiano Shawn Sutton e a francesa Marie-Pierre Abgrall, que repite vitoria, fanse cos títulos de vencedores. O australiano Kai Otton alcanzaba a primeira do seu tres finais consecutivas. Marie-Pierre Abgrall logra ser a primeira surfeira europea que se clasifica para o circuíto WCT feminino.

  2001  /  Pantín Classic  /  Última actualización: Novembro 8, 2017 por Océano Surf Museo  / 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site is registered on wpml.org as a development site.