Tras o ano das estrelas chega o ano das vacas fracas. O campionato pasa de 4 a 2 estrelas sen un patrocinador principal. Como novidade celébrase por primeira vez o campionato feminino valedoiro para o circuíto WQS coa categoría dunha estrela. A pesar de todo, Pantín mantense como a única proba española no circuíto WQS. O importe en premios da competición masculina é de 20.000 $ e de 3.000 $ na feminina. Os vencedores son o australiano Sunny Russell e a francesa Marie-Pierre Abgrall.
■ 2000 / Pantín Classic / Última actualización: Novembro 8, 2017 por Océano Surf Museo /